Un barco solitario entre a néboa

Ecos da néboa

Ricardo Martínez-Conde

Limiar de Anxo Tarrío  Varela

Ilustración da cuberta: Ánxela Pérez Meilán

Editorial Trifolium, A Coruña, 2012, 61 páxinas.

 

 

Achégome a estes aforismos de Ricardo Martínez-Conde que a Editorial Trifolium vén de editar na colección “Literae”, co convencemento de que ao subxénero aforístico se lle pode aplicar aquilo que  Andrés Neuman escribira verbo do minirrelato: xoga a súa saúde e quizais a súa resurrección en dúas liñas, na parquidade e na excepcionalidade. Cada aforismo, en efecto, debe de ser un estado puro de excepcionalidade. A súa parquidade verbal, o seu laconismo na expresión verbal, encerran porén unha completa visión do mundo.

En efecto, en pouco máis de medio cento de páxinas, Ricardo Martínez-Conde (Aldariz, 1951), posiblemente o primeiro escritor que na literatura  galega se enfrontou cun libro de Haikus, achéganos unha manchea de aforismos, sentenzas breves -moitas delas concentradas nunha soa liña-, non xustificadas nin razoadas, mais posuidoras dun contido máis profundo do que se percibe a primeira vista, ou do que nunha sinxela lectura inxenua captamos ou pensamos que quere dicir.

O aforismo -e nos de Martínez-Conde atopamos  mostras abondas- suxire, insinúa o que se quere dicir.

Na tradición pois de Heráclito, Marco Aurelio, Pascal, Montaigne ou Nietsche, Ricardo Martínez Conde agasállanos con verdadeiras alfaias sapienciais, raianas cos proverbios, refráns, adaxios ou apotegmas, modos  de expresión da realidade que concordan coa idea de que o inacabado pode e debe ser considerado como unha obra de arte. Xa que en realidade ningunha obra de arte está nunca acabada. O inacabamento  esencial destas sentenzas de Ricardo Marínez-Conde e a súa principal virtude é a súa capacidade para funcionaren como un ser vivo, sempre en proceso de crecemento ou individuación.

Ricardo Martínez-Conde

Os aforismos de Martínez-Conde son, por outra banda resultado, non de apriorismos -velaquí a súa diferenzas dos axiomas- senón de experiencias concretas, tiradas de múltiples eidos da vida ou da nosa relación coa realidade. E abranguen temáticas moi diversas, en xeral, os grandes asuntos, temas e teimas que preocupan ao ser humano.

Un amplo e contextualizador limiar de Anxo Tarrío Varela, que define o autor destas sentenzas como escritor de “cerna densa”,  e unha fermosa ilustración na cuberta de Ánxela Pérez Meilán converten esta publicación nun meiró rebordante de sabedoría concentrada en formas microliterarias. Un barco solitario entre a néboa, como escribe Anxo Tarrío.

Advertisements

About Francisco Martínez Bouzas

Crítico literario
Estas entrada foi publicada en Aforismos, Narrativa galega coas etiquetas , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s