Narradores que avanzan cara ao novo

   Xa comentei que Juan Tallón é un dos poucos narradores galegos que dirixen o seu relato pola rutas por onde hoxe camiña a narrativa máis vangardista. As etiquetas quedan á escolla do lector: posmodernidade, posnarrativa, metaliteratura, intraliterario, metaficción… pero todos fan ficción do mesmo corpo literario. Velaquí unha escolla de textos tirados das primeiras páxinas de A pregunta perfecta nos que xa todo queda claro, mesmo o título da novela.

    “Estaba claro: chegara o día, o momento, a hora, non só de escribir aquela historia que vinculaba a Aira e Bolaño misteriosamente, senón o diario do relato, é dicir aquilo que me ocorre cando non escribo pero que sen dúbida afecta á miña literatura. Aquilo que propiamente non ten reflexo no texto, pero que algunha forma ten que ver co texto, porque todo está interconectado”  ( Páxina 12 ).

……………………………………………………………………………………………………………………………

   “Hoxe crearemos a Deus”, anunciou cheo de razón Fitche aos seus alumnos, no comezo dunha das súas clases na Universidade de Jena. Paréceme unha boa cita – ou tan boa como calquera que este a pensar vostede – para ilustrar o momento no que tamén eu comezo a construír a realidade da que xurdirá aos poucos os vencellos escuros que uniron a César Aira e Roberto Bolaño, dous escritores de xeracións contiguas que determinaron a narrativa en lingua española actual” ( Páxina. 17 ).

……………………………………………………………………………………………………………………………

   “Pero avancemos. O taller comezou cunha conferencia inaugural encargada a Michel Lafon, como tradutor ao francés de Aira e de Borges e catedrático de literatura arxentina na Université Stendhal de Grenoble. Nunca ouvira falar del, nin por suposto podía imaxinar a importancia  que co tempo ía ter na miña vida. Pero avancemos máis, xusto ata o momento, durante o terceiro día do taller, en que alguén preguntou a César que pensaba da obra de Roberto Bolaño. Ese é. Ese. Xustamente o momento máis importante. Alí na pregunta arrinca todo. Foi a pregunta perfecta”  ( Páxina 28 ).

……………………………………………………………………………………………………………………………

   “Lectura de ‘Tres historias europeas’ de Lolita Bosch. Trátase dunha nouvelle e dous relatos (…) A súa arquitectura e dialéctica narrativas, baixo as que se procede a dividir en cachos intelixentes o feito temporal, presentando os acontecementos do pasado e o futuro en orde indistinta, confusa, pero que non impide unha lectura natural e emocionante, achegou o texto ao que eu chamaría unha pequena obra mestra.

   É a primeira obra que leo desta escritora. Comézase a consolidar unha nova xeración de narradores que avanzan en dirección non tanto ao bo, que é algo difuso, como ao novo” ( Páxinas 28 – 29 ).

……………………………………………………………………………………………………………………………

De: Michel Lafon < mlafon@yahoo.fr>

Para: juantallon@gmail.com

Data: 14 / 2 /08 22:11

Asunto: RV: Un relato

Querido Juan,

Do que me preguntas sobre César e Bolaño non sei nada, lamentablemente, que non sexa o que puiden escoitar coma ti durante a nosa estancia en Santander. Pero alégrome de que vaias enfrontarte a esa historia. A min tamén me pareceu memorable. Un gran abrazo. Michel” ( Páxina 33 ).

Advertisements

About Francisco Martínez Bouzas

Crítico literario
Esta entrada foi publicada en Fragmentos inesquecibles, Narrativa galega. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s