Cavorcos de desacougo. Ficción antipostmoderna

 

Gran tiburón branco

Samuel Solleiro

Edicións Xerais, Vigo, 2012, 165 páxinas.

 

   Libros como este, escrito por un narrador novo, garanten a continuidade do galego, ao menos como lingua literaria. Estimanzas confirmadas polas dúas publicacións anteriores de Samuel Solleiro, e polo seu desexo de que a literatura de noso non feneza pola súa culpa. Danlle  corpo ao volume cinco relatos esteados na ficción e na recreación de vellos temas da literatura e asemade nunha linguaxe propia da xeracións á que pertence: xente nova que proxecta a súa ollada sobre a vida desde un ton cínico, pesimista, mais non moralizante.

Samuel Solleiro

   Recrea en efecto S. Solleiro materias atemporais da literatura: a cínica infidelidade co guía turístico da muller moza casada cun vello ao que non abandona porque “unha cousa é foder e outra é o amor”; a descuberta da identidade e o medo ao descoñecido, un veciño xudeu co que o protagonista mantén unha relación de antitética amizade; un exercicio de metaficción dunha pseudo escritora -redacta libros mentais imposibles de verbalizar- e entremedias as relacións familiares nunha alucinóxena viaxe a México; o diario terapéutico  dun tipo que forza os límites, vive a crise do noso tempo e a gran mentira dunha relación sexual con dúas mozas. Narrativa que nos mergulla en abismos desacougantes, con remates cegos, subtraídos, erguida cunha técnica narrativa  que se adapta ás circunstanciais de cada personaxe. E un nexo común entre os cinco relatos: todo é ficción, ficción quizais antiposmoderna, como afirma o escritor.

 

(Texto publicado o día 18 de outubro de 2012, no suplemento Faro da Cultura, páxina VI do xornal Faro de Vigo)

Advertisements

About Francisco Martínez Bouzas

Crítico literario
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s