Perder a Revolución

Verde oliva

Xavier Alcalá

Editorial Galaxia, Vigo 2012, 412 páxinas.

 

 

  Xavier Alcalá, pai dalgún dos bestsellers da narrativa galega, é un mestre á hora de converter  a intrahistoria en historia, en historias inventadas, mais con bases reais, tiradas de conversas, viaxes ou calquera outra caste de documentación. Mestre así mesmo cando esculca en clave narrativa o intramundo da nosa emigración e afonda no espazo e na memoria do galeguismo transterrado. En Verde oliva X. Alcalá achégase a Cuba, mellor dito á Revolución cubana inventando moi pouco e poñéndose ao lado dos perdedores, tomando partido -son palabras súas- pola xente que estaba contra os irmáns Castro e a tropa castrista. Os perdedores son para X. Alcalá os compañeiros dos castristas que loitaron contra o “batistato”, sen renunciar nunca os principios democráticos.

Xavier Alcalá

   Mais o lector desta longa novela non debe esquecer que o viaxeiro e tamén o narrador acostuma atopar o que busca. E desde o ano 1998 sabemos que para X. Alcalá Cuba é un desleixo total e Fidel é o Supremo (cínico, traidor, sanguinario). Remito a La Habana flash da súa autoría. Con todo non ousaría afirmar -iso debe xulgalo o lector- que X. Alcalá atopa o que busca nesta historia “real” da moza Mariana, filla de galego habanero e dunha crioula , alter ego de Juana Maseda, metida de cheo na revolución política, clasista e racista contra aquel sarxento mulato convertido en ditador que foi Fulgencio Batista. Traballando na clandestinidade e en Sierra Maestra en estraña  conivencia cos militares de Batista que a protexen da policía do sanguinario Ventura e son asemade protexidos por ela, a protagonista participa no triunfo da Revolución e así mesmo nunha grande decepción, pois un golpe interno fixo triunfar finalmente o comunismo. Por iso a novela remata cun “Epílogo necesario” no que Mariana  repróchalle ao “monstro” Fidel as traizóns aos ideais dos revolucionarios que deron a vida pola liberdade da Illa.

   Deste xeito converte X. Alcalá a intrahistiria en historia de intriga, na “historia B” da Revolución cubana, mesturando vivencias individuais e a radiografía social, cedéndolle a voz á protagonista para facer máis crible e vehemente o relato de quen abrazou a causa da Revolución e fica decepcionada “sesenta anos despois de que comezara o que nos uniu”

 

(Texto publicado o día 11 de outubro de 2012 no suplemento Faro da Cultura, páxina VI, do xornal Faro de Vigo)

Advertisements

About Francisco Martínez Bouzas

Crítico literario
Estas entrada foi publicada en Critica literaria, Narrativa galega coas etiquetas , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s