Mordaz aventura psíquica*

 

O forasteiro misterioso

Mark Twain

Tradución de Alejandro Tobar

Editorial Hugin e Munin, Santiago de Compostela, 2012, 148 páginas

 

 

 

Como pano de fondo da obra de Mark Twain cómpre ter en conta a grande expansión e popularidade da narrativa norteamericana, que acadou no século XIX a súa idade de ouro. Unha literatura xeralmente puritana, cuxo contrapunto  é sen dúbida o escritor nado xunto ao grande río, que se converteu no crítico máis radical daquela Norteamérica e en expansión, nomeadamente na novela As aventuras de Hucleberry Finn.

   O forasteiro misterioso publicada de forma póstuma, é en realidade a compilación de varios textos escritos polo autor, historias fragmentadas verbo dun neno que era visitado por un estraño ser sobrenatural.

Mark Twain

Inverno de 1590, ese insólito personaxe chega por sorpresa a unha aldea de Austria. Chámase Satanás e comeza a facer cousas prodixiosas, poñendo patas arriba á veciñanza, non só pola grandiosidade dos seus espectáculos, senón sobre todo pola súa teima en ridiculizar  a condición humana, moito máis salvaxe para el que o mundo animal.

Cunha profusión de imaxinación que vai máis alá da literatura fantástica, Mark Twain  mófase dos ritos relixiosos e da crueldade social, botando man dun humor agre e corrosivo, acadando no último capítulo un esmagante nihilismo. Xa que logo, unha aceda reflexión sobre a natureza humana erguida coas ferramentas da sátira e a través dunha aventura psíquica.

 

* Texto publicado o  día 14 de xuño no suplemento Faro da Cultura, páxina VII, do xornal Faro de Vigo.

Advertisements

About Francisco Martínez Bouzas

Crítico literario
Estas entrada foi publicada en Critica literaria, Narrativa estranxeira traducida coas etiquetas , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s