“Los Living”*

Martín Caparrós

Los Living, así rotulou o escritor arxentino Martín Caparrós o texto que se fixo merecedor do Premio Herralde de Novela, un dos máis selectos do panorama literario en lingua española. Los Living é unha proposta narrativa moi cobizosa, un texto profundamente arxentino, mais á vez universal. Novela de formación, novela picaresca e de humor negro desde o comezo ata o remate, como adaxe dun disparate surrealista no final do relato. Pero, ao mesmo tempo, unha continua presenza e conivencia coa morte. Un alude de reflexións e inquéritos sobre a morte aterreplanando a canle do texto narrativo.

A novela, con todo, apunta dunha maneira e remata doutra. Comeza co nacemento do protagonista en xullo de 1974, no mesmo día no que se produce a morte do século, a de Juan Domingo Perón, ocasión que aproveita o pai da criatura para, nunha brincadeira torta, bautizala co seu nome. Durante os seus anos de neno e na preadolescencia o protagonista sofre a perda de dous seres queridos: desde entón e de cada pouco, sentirase alanceado polo significado deste tránsito definitivo.

Mais antes de que eses inquéritos entren no escenario novelesco, Martín Caparrós entretennos con varios capítulos de “picaresca contemporánea” que nos permiten troulear co coñecemento do protagonista, mesmo antes da súa concepción ao final do sexo pracenteiro dos proxenitores, coa súa educación nas telenovelas, coa chegada á adolescencia, arrevesada e  cruel, coa iniciación no sexo con mulleres de revistas, que o converten nun artista do “pajoleo”. E nomeadamente co camiñar no gume abisal da relación cos mortos, tras o óbito do seu pai e do avó. É a partir de aquí cando os defuntos acaparan todo o protagonismo ata o punto de que a morte vólvese literalmente a súa forma de vida. Como vaticinador de mortes futuras, será o anxo exterminador e unha estrela de rock predicando defuncións. Ata a pirotecnia esperpéntica final: cómpre ter os mortos nos living!

Deste xeito, unha narración de avolto picaresco, no sei inicio, remata cun grande esperpento surrealista non exento de simbolismo e de acre crítica ao país que viu nacer ao narrador. Os arxentinos que só falan de fútbol e de que o país vai á merda, convivirán agora non só coa memoria, senón tamén cos corpos embalsamados  dos familiares finados. Unha estética carnavalesca que acompaña todo o relato, converte a lectura desta novela nunha excelente ocasión para o divertimento a tamén para a cavilación.

* Texto publicado o 22 de marzo de 2012 no xornal El Correo Gallego de Santiago de Compostela. Para ver o orixinal facer clic aquí

Advertisements

About Francisco Martínez Bouzas

Crítico literario
Estas entrada foi publicada en Critica literaria, Narrativa en español coas etiquetas , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s