Desvelando o misterio do Conde de Waldemar

O misterioso Dr.Saa

Xosé Díaz Díaz e Belén Fernández Guzmán

Edicións Xerais, Vigo, 2012, 158 páxinas.

 

“Profesor de Ciencias Físicas pola Escola Máxica de París e membro da Academia de Hipnotizadores da Francia”, así presentaban os carteis as actuaciónsde Manuel Rodríguez Saa, coñecido no mundo da maxia como Conde de Waldemar. Moi poucos galegos sabiamos deste galego que, no primeiro terzo do pasado século, acadou sona internacional como ilusionista. Mesmo a maior parte do colectivo de Magos de Lugo -Colectivo Máxico Waldemar, así se chama- coñecía nada da súa vida. Nesta biografía Xosé Díaz e Belén Fernández Guzmán recuperan para todos nós a historia deste compatriota que tamén fixo país coa maxia, coa ilusión, co misterio.

O certo é que Manuel Rodriguez Saa naceu o 4 de marzo de 1885 no remoto lugar de Bagude, na serra estremeira dos concellos de Portomarín e Guntín. A súa aprendizaxe foi gardando un rabaño de ovellas, carretando sellas de auga en Lugo e no bohemio Montparnasse, onde de forma autodidacta se iniciou no ilusionismo. Foi no casino de Maipú (provincia de Mendoza) en Arxentina onde o Dr. Saa comeza a súa carreira de éxitos, que o levaría a actuar  por todo o mundo (Europa, Continente americano, África, entretendo os soldados españois que loitaban en Marrocos, Asía, onde actuou para o emperador Hiro Hito). Casaría máis tarde cunha rica muller filipina, terratenente escravista, e cando esta finou, as denuncias dos sobriños herdeiros obrigaron ao Dr. Saa a fuxir precipitadamente do país.

Manuel Rodríguez Saa, "Conde de Waldemar"

No haber da lenda do Dr.Saa cómpre amentar que sempre a causa lexítima dos republicanos españois, actuou diante de persoas de grande relevancia mundial que gorentaron a súa arte, pero asemade nunca furtou as súas actuacións á xente do común en festas populares e mesmo no adro dunha igrexa á saída dunha misa de domingo.  Conde de Waldemar recolleuse en Portomarín e alí morrería en novembro de 1984, nun esquecemento só rachado por Trapero Pardo que escribiu un retrato da súa vida e lle dedicou unha necroloxía na súa morte, e o mago Antón que sempre o recoñeceu como unha das grandes figuras do ilusionismo.

A biografía que asinan Xosé Díaz e Belén Fernández, alicerzada nos documentos de prensa da época e nas escasas referencias bibliográficas e sobre todo nas lembranzas de parentes e amigos, é un fito importante na recuperación dun galego universal dentro dos catálogos da maxia. A documentación gráfica coa que se pecha o libro, é un engado que acrecenta o interese deste xusto e necesario rescate do “rei dos magos” e o “mago dos reis”

Advertisements

About Francisco Martínez Bouzas

Crítico literario
Estas entrada foi publicada en Biografías, Critica literaria coas etiquetas , . Ligazón permanente.

One Response to Desvelando o misterio do Conde de Waldemar

  1. Pingback: Desvelando o misterio do Conde de Waldemar. Crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre «O misterioros Dr. Saa», de Xosé Díaz e Belén Fernández | Xerais

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s