O instante persuasivo da novela

Natacha Michel

MICRO ENSAIOS LITERARIOS

Con este mesmo título (L’instant persuasif du roman) pronunciaba en1987 a novelista e ensayista francesa, Natacha Michel un ciclo de conferencias na asociación “Les Conférences du Parrquet”, que sería publicado anos despois na colección Hybris da editorial malagueña Ágora. A pensadora francesa, que sempre amosou unha verdadeira teimosía en declararse novelista, perseguía, nas devanditas conferencias, o propósito de definir a novela e establecer a súa verdadeira marcación, o seu estatuto. Semella claro que falar de novela significa falar de literatura, de pensamento, de prosa, de lingua,de ficcionalidade, de fictividade, de narratoloxía. Mais, que é aquilo que converte un texto nunha verdadeira novela?

Son moitas as teoría verbo do que se deu en chamar discurso narrativo, comezando polas achegas do mesmo Miguel de Cervantes no capítulo 48 da primeira parte de O Quixote, a través da figura do Coengo: variedade de sucesos excepcionais, un heroe exemplar, variedade de caracteres, invención enxeñosa, estilo agradable, verosimilitude e escrita elaborada coa finalidade de acadar a perfección estética nunha obra na que os distintos matices preséntanse unificados, e deste xeito deleitar e ensinar, podendo inserir trazos dos catro xéneros literarios maiores e as mellores calidades da poesía e da oratoria.

Esta lóxica do discurso narrativo foi cuestionada desde entón por innumerables autores e por todas as vangardas. Lembremos, por exemplo, as censuras das nocións clásicas da crítica narratolóxica (personaxes, acción, ambiente) de Alain Robbe-Grillet e a antihistoria, a “hitoire manqué” do Nouveaus Roman.

Porén, retornando á novelista e ensaísta francesa, cómpre dicir que para ela a esencial bondade da novela, reside na súa propensión cara ao infinito, o encantamento firme e definitivo que provoca en nós un libro, unha vez que está rematado de ler e pechado. Baséase Natacha Michel en Conrad, no coñecido prólogo de O negro do Narcissus: “A tarefa do artista, escribía Conrad, consiste en facer aparecer a vibración, a cor e a forma e en desvelar o segredo da inspiración, en desvelar a tensión e a paixón que se agachan no corazón de cada instante persuasivo”.

Nas mesmas datas nas que vían a luz as conferencias de Natacha Michel, publicaba o escritor español Félix de Azúa o ensaio “Unas notas (apresuradas) sobre la novela”, recollidas máis tarde no volume Lecturas compulsivas. Una invitación. Segundo o escritor catalán, son estas as condicións que debe reunir unha novela: que non pretenda ser un poema, que expoña un fragmento do mundo histórico, que o expoña con sinxeleza, que teña por asunto un conflito singular, que expoña ese conflito na forma que lle corresponde, que non intente acadar unha idea real e verdadeira, que estea traballada con oficio. Pero falta unha oitava condición que Félix de Asúa non é quen de definir. Precisamente a condición que determina o valor dunha novela e que cumpre aquel novelista que é capaz de renovar a nosa facultade de imaxinar mundos a partir de fragmentos de ideas. Imaxinar posibles modos de habitar o mundo. O seu nome clásico é o de Gracia, pero nada ten que ver coa ocorrencia. Quizais coa ironía, cunha farsa, o máis seria posible, coa finalidade de deixar ben claro que os valores non son históricos, falsos, efémeros. A novela soamente deixará de existir cando se extinga este xogo de mascaras e apareza un astro morto, “a cegadora e insoportable cara danada na súa perpetua e desapiadada idiotez”

Advertisements

About Francisco Martínez Bouzas

Crítico literario
Esta entrada foi publicada en Ensaio, Micro ensaios literarios. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s