Friso expresionista*

Historias de Oregón

Diego Ameixeiras

Edicións Xerais, Vigo, 2011, 102 páxinas.

 Narrador solvente,Diego Ameixeiras, afronta con éxito unha incursión no xénero folletinesco que ten que ver case que sempre coa novela negra.Porén, malia que haxa “mortes matadas” Historias de Oregón non descansa no eixo temático que acostuma definir o xénero. O presado de secuencias  seriais de Historias de Oregón ten outro propósito: retratar de forma expresionista a paisaxe humana dese Oregón, trasunto literario da cidade de Ourense na narrativa de Ameixeiras.

Diego Amerixeiras

Nútrese o relato do cruzamento de historias, historias case que todas de intemperies vitais nas que habitan os personaxes deste mosaico que o autor debuxa con trazo realista. Nos lindes de Oregón, ese lugar sombrío e precario, no que se dan cita  as clases privilexiadas e o inframundo, viven ou sobreviven seres cuxas vidas, ganduxadas en tramas que se entretecen, representan o fluxo e refluxo dunha cidade preñada dunha ferinte carga de violencia. Saliento no haber da novela a competencia autorial para espellar con ficcións vidas reais e facelo de xeito fragmentario, dándolle múltiples oportunidades á omisión, aos espazos baleiros  para que o lector poida construír a súa historia. No debe da proposta de Ameixeiras, certas secuencias de recheo que, ao meu ver, están aí para axustarse ás esixencias formais dunha novela por entregas.

* Este texto foi publicado o día 26 de xaneiro de 2012 no suplemento Faro da Cultura, páxina VI, do xornal Faro de Vigo

Advertisements

About Francisco Martínez Bouzas

Crítico literario
Estas entrada foi publicada en Critica literaria, Narrativa galega coas etiquetas , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s