Voluntarios para o desastre*

Niños feroces, unha novela con non poucos trazos metanarrativos, constitúe polo de agora a última achega do Premio Nadal do ano 2000, Lorenzo Silva. Unha proposta narrativa que, botando man do recurso do debilitación das barreiras entre os xéneros, amalgama fontes documentais, testemuños persoais, ficción e intertextualidade para erguer un relato turbulento e vibrante que recorre distintos escenarios bélicos da Segunda Guerra Mundial: a fronte de Leningrado, a batalla de Krasny Bor, os Cárpatos romaneses e finalmente a defensa de Berlín contra os rusos, na apocalipse  final do ano 1945. E como feitos interconectados, aparecen outras xeografías bélicas ou reivindicativas: a guerra de Afganistán, a de Iraq e o movemento dos Indignados do 15-M.

Mais o que substancia a historia e serve de fío condutor do relato son os avatares bélicos dun mozo madrileño, cunha conta familiar pendente da Guerra Civil que o empuxa a alistarse na División Azul cun único obxectivo: derrotar o comunismo. Co valor e co medo en permanente conflito, faise home no horror da batalla de Krasny Bor e, cando o seu país se retira da contenda, convértese nun rebelde, membro dunha unidade apátrida das SS e participa na defensa de Berlín. O ideal anticomunista convertérao nun neno feroz, voluntario para a catástrofe. Porque, aínda que tivese conciencia do atroz desatino do que formaba parte, o seu sentido da loita -a defensa de Europa e a indignación pola covarde deserción de Franco- fíxoo resistir ata o final, ata que Hitler descargou un tiro na súa cabeza.

Niños feroces non é unha historia de nazis ou sobre nazis, senón unha alegación contra o belicismo e una novela sobre a xuventude empregada como carne de matadoiro nas batallas de todas as guerras. No canto de seren encanados o seu empuxe e a súa enerxía como motor de progreso para a edificación do futuro, acaban sendo transformados en potencial de morte e destrución. Endalí que, ao remate da novela, que avanza entre aludes do máis noxento da Historia, abrolle a inapelable contradición entre aqueles que, en plenitude de xuízo  e en circunstancias favorables, deciden a guerra e se exculpan de présa e sen remorsos, como Albert Speer ou Tony Blair, e aqueloutros que erran desde a inmaturidade ou o ofuscamento ideolóxico e aceptan, pola contra, a súa responsabilidade, como os mozos protagonistas da novela, tenaces e proseguir a catástrofe, ou Günter Grass.

* Texto publicado o día 22 de outubro de 2011 no xornal El Correo Gallego. Para ver o orixinal, pinchar aquí

Advertisements

About Francisco Martínez Bouzas

Crítico literario
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s