Cavorcos de soidade*

Vía secundaria

An Alfaya

Edicións Xerais, Vigo, 2011, 102 páxinas.

 

Por veces un bo desenvolvemento narrativo é capaz de anular as distancias que median entre as chamadas baixa e alta literatura. Tal é o caso desta novela folletinésca de An Alfaia, condicionada na súa estrutura polas esixencias formais dunha novela de entregas. Vía secundaria  bota a andar cun atropelo que ten lugar nunha vía secundaria e que fai agromar un rodopío de intemperies vitais, nas que habitan os personaxes principais desde relato coral. Un fío narrativo que non se extravía en secuencias sen interese, un ritmo argumental apropiado, pegada da escrita da autora, contribúen a facer que o lector se mergulle na cerna deste relato.

O accidente e intento de asasinato é o elemento que desencadea a intriga, por veces detectivesca con acenos de novela negra, pero non se trata máis que dun pretexto para tradear no interior dos personaxes: esas parellas escravas de covardías, contradicións…expectativas fanadas, e retratadas sen chisca de compaixón. A intriga, e sobre todo a sondaxe dos conflitos psicolóxicos dos protagonistas, aos que as faenas do destino fai que se crucen, constitúe a cerna desta entrega na que o verdadeiro illamento non é o barranco do monte, senón os cavorcos de soidade nos que habitan personaxes que atopan a felicidade tras o parapeto da pantalla do ordenador.

* Texto publicado o día 29 de setembro de 2001, no suplemento “Faro da Cultura” do xornal Faro de Vigo.

Advertisements

About Francisco Martínez Bouzas

Crítico literario
Estas entrada foi publicada en Critica literaria, Narrativa galega coas etiquetas , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s