Guerra Civil. Que pasou en Galicia e en España

Guerra Civil

Que pasou en Galicia e en España

Federico Cocho

Edicións Xerais, Vigo, 2011, 379 páxinas.

 

O 18 de xullo de 2011, setenta e cinco anos despois de que a sublevación de parte do exército dese lugar ao estalido da Guerra Civil, rematouse de imprentar este libro de Federico Cocho, que engorda a colección “Memoria” de Edicións Xerais, una colección que xira ao redor da contenda civil e dos anos de posguerra, cos seus efectos perverso sobre os vencidos e aquelas persoas que dalgún xeito foron considerados afíns á ideoloxía democrática e ao goberno republicano.

Federico Cocho (Xinzo de Limia,1958) achéganos á Guerra Civil desde unha perspectiva galega, cunha clara intención divulgativa, esteando o seu libro non propiamente na esculca directa, senón nunha exhaustiva investigación bibliográfica que esnaquiza moitos dos estereotipos franquistas, como o do caos comunista. Mais o autor analiza tamén os erros da República que, porén, non xustifican o golpe. Un libro, pois, de síntese, que ten o seu xerme nos silencios cos que se atopou o autor en xeral e nomeadamente no círculo familiar no que ninguén lle quería falar do que pasara co seu avó e co seu pai, secretario de Mocidades Galeguistas, vítimas os dous da inxustiza da Guerra e da brutalidade da represión.

Xa que logo, o libro persegue  o obxectivo de integrar nun só texto o que acontecera durante a Guerra no espazo físico de Galicia e o que lles pasou aos galegos alén da nosa terra, na fronte de Aragón, en Teruel, Cataluña, Cantabria ou Asturias. Como acertadamente se recolle na presentación editorial, en Galicia “non houbo trincheiras, pero a represión franquista deixou preto de 5.000 fusilados e paseados e milleiros de mozos galegos mortos en crueis batallas lonxe da casa”. Con eses milleiros de vítimas inocentes aínda non se fixo xustiza e é dubidoso que se faga algún día tendo en conta as reaccións contra o movemento da memoria histórica e a “estéril” e “pueril” (Ángel Viñas) teima por impedir a esculca dos crimes contra a humanidade cometidos polos vencedores da Guerra.

Federico Cocho

O libro de Federico Cocho, escrito con ton e metodoloxía xornalística, ao xeito de grandes reportaxes, estruturase en trinta capítulos. Bota a andar analizando a experiencia da II República: expectativas xeradas, logros e atrancos, proceso de polarización nos meses previos a xullo do 36, trama golpista dirixida por Mola e sublevación de Franco. Nos capítulos sucesivos, estuda o autor o xurdimento do fascismo español e galego, os primeiros envíos de tropas desde Galicia,  a participación das mesmas nas principais batallas, a guerra no mar. Xa no corpo central do texto, detalla o autor os conflitos da Igrexa coa República e a toma de postura daquela a favor do golpe; cárceres, campos de concentración, batallóns de traballadores forzados; asañamento dos vencedores cos derrotados, mestres e masóns sobre todo.

 

Noutras seccións do volume, segue a evolución política e o día a día na zona nacional, os enfrontamentos na zona republicana e tamén o chamado terror vermello. O libro remata coa caída de Cataluña e o dramático éxodo de centos de miles de españois e cos capítulos dedicados aos maquis que loitaron contra a ditadura franquista ata finais dos corenta, así como a súa agonía nos anos seguintes ata 1952, cando o franquismo dá oficialmente por concluída  a liquidación dos bandoleiros en toda España.

Un libro que asume a historia, sen maniqueísmos, pero tamén sen falsos e inútiles irenismos, para dignificar e honrar as vítimas, rehabilitar a súa memoria e transmitirnos una lección que cómpre interiorizar, contra a intolerancia e os extremismos. Así conclúe Federico Cacho a Introdución a este libro de cuxas afirmacións é moi difícil discrepar, se un se basea non en querenzas de partidismo fanático, senón nesa guía que nos fai humanos e que non é outra que a razón

Advertisements

About Francisco Martínez Bouzas

Crítico literario
Estas entrada foi publicada en Critica literaria, Ensaio coas etiquetas , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s