O difuso cheiro da morte*

Pegadas nun labirinto baleiro

Xosé Manuel García López

Baía Edicións, A Coruña, 2011, 390 páxinas.

A edición deste libro é unha proba máis da boa saúde da que goza  a nivel cuantitativo a novela negra  na nosa literatura. Debuta con el o seu autor como narrador galego. Mais esta súa primeira entrega é, por unha banda, unha antinovela  detectivesca e por outra un caixón de xastre xenérico. Na mesma conviven un tipo de relato encadrable dentro da novela criminal e outros pertencentes claramente aos subxéneros da narrativa fantástica, con certas pegadas de onirismo e de narración gótica. Xa que logo, “detectivismo contra-canónico”.

É unha novela policíaca  porque bota a andar coas pescudas para a resolución dun misterio de tipo criminal. Crimes en serie, cun asasino que anda por algures, e fai traballos artísticos nos cadáveres. Un detective, antítese  do detective clásico, con obxectivos moi claros: beber, drogarse e foder con mulleres. Como o “fumeta” Doc Sportello de Pynchon. Os amigos da “mala” e a sordidez son os escenarios da súa vida. A morte ten para el un cheiro difuso e sabe o que é violar e matar. Pero pensa que ten a posibilidade de se redimir. A partir de aquí o relato precipita o protagonista nunha sorte de tolemia, nun mundo de terror e fantasía onde xogará a derradeira partida co asasino. Unha aceptable novela negra na súa primeira parte, pero o autor naufraga na derradeira ao mergullar o desenlace en algo que quixo ser realismo máxico de tradición galega e terminou sendo un inverosímil crebacabezas de terror e fantasía.

* Este texto foi publicado no suplemento Faro da Cultura, páxina VI do xornal Faro de Vigo, o día 7 de xullo de 2011.

Advertisements

About Francisco Martínez Bouzas

Crítico literario
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s