Ousada e desinhibida. Os xogos da virtualidade*

Morto en fucsia

Elena Veiga Rilo

Biblos Clube de Lectores, Cesuras ( A Coruña), 2011, 168 páginas.

 

   Elena Veiga Rilo foi a gañadora do VI Premio Biblos – Pazos de Galicia do ano 2010 con Morte en fucsia. A precocidade – conta apenas dezanove anos –acompaña aquí a unha envexable agudeza, á invención dunha temática profunda, debedora dunha actitude reflexiva e mais dun desenvolvemento narrativo ricaz: agoiros certos dunha futura traxectoria de primeira liña.

  A novela, que consiste múltiples lecturas, está escrita desde variados puntos de vista; nela interectúan diferentes personaxes, condicionados polas súas historias e os seus traumas,  a partir dun fío condutor: un crime que unha prolepse anuncia desde o comezo. Mais non se pretende descubrir quen o cometeu. Outras son as intencións da autora: velaí unha visión do mundo actual, alicerzada nunha fonda e mordaz crítica social, cun intelixente emprego da retranca que abrangue todas as institucións e formas de vida, entre elas a Igrexa e a transexualidade. Elena Veiga deita así mesmo unha ollada reflexiva sobre as novas tecnoloxías, sobre o mundo de Internet que engaiola, sobre todo, por mor do anonimato (a ama de casa amosa en Internet a súa parte máis cañeira). O inquérito sobre os xogos da virtualidade da Internet esténdese tamén á vida real. A maior parte do que vivimos, os traumas infantís por exemplo, é inventado. A súa realidade é tan “virtual” como a de Internet. Novela ben resolta, pois a autora terma dun aparente caos narrativo e deses múltiples puntos de vista, mediante ese amentado fío condutor. Un xeito de narrar ousado e desinhibido, cunha lingua na que a autora partilla os xiros coloquiais da súa xeración cunha fraseoloxía moi de noso.

* Este texto foi publicado o día 28 de abril de 2011 no suplemento Faro da Cultura, páxina VII, do xornal Faro de Vigo.

Elena Veiga Rilo

Advertisements

About Francisco Martínez Bouzas

Crítico literario
Estas entrada foi publicada en Critica literaria, Narrativa galega coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s