Para ser lida como verdade*

Benquerido Diego. Abrázate Quiela

Editorial Trifolium, Iñás – Oleiros 2011, 67 páxinas.

Elena Poniatowska acostuma tirar os temas das súas fabulacións a partir de circunstancias reais, dándolles voz aos sen voz do seu ou doutros países, aos que admira ou dos que se condoe. Á máis recente, Leonora Carrington, na súa novela Leonora. Fíxoo así mesmo con Angelina Beloff, a que fora a primeira muller do muralista Diego Rivera. A escritora mexicana recrea nesta pequena obra o ficticio epistolario – do real só se conserva unha carta – que Angelina lle envía a Diego Rivera, sen obter unha soa resposta. Unicamente remesas de diñeiro.

   Trátase, xa que logo, dun caso evidente de amor non correspondido, de amor intransitivo. Angelina atópase aloxada na carencia: do fillo, de amor, de diñeiro, do amante sobre todo. A súa voz melancólica convértese neste ficticio epistolario nunha parodia do sufrimento asumido pasivamente, mesmo rendéndolle culto aos pinceis e papeis do pintor. Ao longo desta correspondencia, o abalo afectivo amosa un caracter cambiante. Hai, porén, un denominador común que salfire estas cartas: a lembranza nostálxica e a imaxe idealizada do amante ausente. O desenlace desta novela – epistolario é certamente cruel: Agelina, a lánguida muller azul, viaxou a México e alí cruzouse co muralista que non a recoñeceu. A súa dor obsesiva, a súa melancolía son recreados con man mestra por E. Poniatowska nesta ficción que demanda ser lida como verdade.

* Este texto foi publicado no suplemento Faro da Cultura, paxina VI, do xornal Faro de Vigo o día 7 de abril de 2011 e no suplmento Saberes, páxina 6, do xornal La Opinión de A Coruña o día 16 de abril de 2011.

Advertisements

About Francisco Martínez Bouzas

Crítico literario
Estas entrada foi publicada en Critica literaria, Relato breve coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s