De homes e de monstros*

Beowulf

Anónimo

Tradución de Jorge L.Bueno Alonso

Rinoceronte Editora, Cangas do Morrazo 2010, 166 páxinas

 

   Parafraseando a Tolkien, tampouco Rinoceronte ten que dar razóns que expliquen o porqué da tradución de Beowulf. Escrito no anglosaxón ou inglés antigo, é un dos poemas fundamentais da literatura medieval europea e, malia a súa dificultade como texto, xa está vertido a moitas linguas do mundo. Textos coma este son imprescindibles coma esteos e sólidos alicerces de linguas minorizadas como a nosa.

   Beowulf está composto por máis de tres mil liñas de verso aliterativo. Pénsase que xurdiu entre mediados do século VII e finais do X. É unha narración heroica, tal como foi definido por Seamus Heaney, que relata os feitos de Beowulf, sobriño do rei dos gautas, as súas loitas contra monstros, dragóns e contra os suecos. Unha obra de grande potencia imaxinativa e moi elaborada. Nada se sabe da súa autoría nin da súa verosemellanza, aínda que se sospeita que comezou sendo unha narración oral, obra dun bardo anónimo. Enriquecida logo en cada declamación ao longos dos séculos. Cómpre salientar os esforzos do tradutor, Jorge L. Bueno Alonso por acadar un estilo poético a partires das edicións críticas do texto anglosaxón  e do manuscrito orixinal. E así memso, a coherencia lingüística de Rinoceronte que optou por un modelo idiomático, o chamado galego identificado, e permanece fiel ao mesmo.

* Este texto foi publicado o día 24 de febereiro de 2011 no suplmento “Faro da Cultura”, páxina VI, do xornal Faro de Vigo. Para ver o orixinal, pinchar aquí

About Francisco Martínez Bouzas

Crítico literario
Estas entrada foi publicada en Critica literaria, Narrativa estranxeira traducida coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

2 Responses to De homes e de monstros*

  1. Alvar di:

    O enlace ao Faro da cultura non vai.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s