Un cóctel explosivo*

 A viúva preñada

Martin Amis

Galaxia, Vigo 2011, 50o páxinas

   Como aconteceu con A casa dos encontros ( 2006 ), que inaugurou a Biblioteca Compostela, Galaxia edita en galego, ás poucas semanas da súa publicación en inglés, a última novela de Martin Amis, A viúva preñada. O autor, enfant terrible  das letras británicas, fillo doutro famoso escritor e descuberto na primeira fornada da Revista Granta, ten no seu haber algunhas das máis importantes obras de ficción contemporánea. Libros versátiles, ateigados de talento; outros, produtos híbridos entre o ensaio e o relato ficcional, mais escritos todos  nun inglés inimitable, cheo de enxeño, sutileza e un inigualable ton ácido e satírico. A viúva preñada, historia dun trauma sexual, segundo as palabras do propio Amis na Introdución, é una traxicomedia que reflicte a vida de seis mozos e mozas que gozan dunhas longas vacacións estivais durante os anos da revolución sexual, nun castelo italiano, un cliché do pracer na cultura inglesa. Aínda que para Amis a vida non é ficción, a novela ten moito de autobiográfico.O antieheroe, Keith Nearing  semella ser o propio Amis, e Violet, a irmá más nova de Keith, ficcionaliza a Sally, propia irmá do escritor e súa “triste historia”, xa que Amis considera que foi vítima  da revolución sexual dos anos 70. Como narrador, agás cando escribe sobre Stalin e o Gulag, e por certo con pouca documentación, Amis conta sempre  a mesma historia, a súa. Coincidindo coa publicación de A viúva preñada, o seu biógrafo inglés, Richard Bradford, revela que esta historia de rapaces ingleses encerrados nun castelo para unhas vacación de sexo, sol e introspección narcisista, xa a relatara o mesmo Amis nunha crónica xornalística no ano 1997 e na que el era un dos participantes. Todo isto, engadido ás críticas á revolución feminista e á permisividade sexual, converten A viúva preñada nun cóctel enormemente polémico e explosivo.

* Este texto, con pequenas modificacións, foi publicado o 17 de febreiro de 2011, no Suplemento ” Faro da Cultura” do xornal Faro de Vigo.

About Francisco Martínez Bouzas

Crítico literario
Estas entrada foi publicada en Critica literaria, Narrativa estranxeira traducida coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s