Catro personaxes sen nome e o silencio

   Non lera nada igual desde grupo abeliano de Cid Cabido, aquela novela insólita, transgresora, de colmos inesquecibles. Aseméllase e moito a primeira parte de O imposible de desatar coa que Iván García Campos fai o seu debut na narrativa de formato longo. Gañadoras as dúas do Premio Blanco Amor. Nas páxinas que levo lidas, atópome cun universo propio no que non acontecen cousas inauditas, mellor dito, non acontece nada. Só a presenza de catro personaxes sen nome de seu, identificados unicamente polo rol familiar, privados pois de identidade, coma os membros do personaxe grupal de grupo abeliano. Non fan nada. Pensan, fan solitarios, fedellan por veces en reloxos, pero non se comunican entre si. Ninguén contesta a ninguén. Só o silencio. Tampouco é a de Iván García Campos a escrita dun poeta. Nada pois de requintes estilísticos, pero si pequenas doses de humor retranqueiro. Pero dá igual porque esta primeira parte transmite con grande fidelidade o que pretende ser: metáfora da incomunicación da sociedade actual. Volveremos sobre O imposible de desatar. Polo de agora esta breve escolma de fragmentos para abrir o apetito:

   “A nai facía os encrucillados do xornal contando cos dedos. De cando en vez soletreaba en alto algunha palabra, cousa que irritaba o marido, que seguía a ler… Así que fuches ti?, preguntoulle a muller. O marido ergueu a ollada do fascículo e mirouna en fite. Logo seguiu a ler en silencio. Ela sorriu fregando un pé contra o outro, coma un grilo que grila, e pensou; así que fuches ti”. ( páx. 20 )

……………………………………………………………………………………………………………………………

   “ O fillo, na cama, riu, sacudindo todo o corpo, e logo fixo o mesmo que Onán. Adiviñaron, efectivamente adiviñaron”. ( páx. 43 )

……………………………………………………………………………………………………………………………

   “ O marido entrou na sala e comezou  a comer afirmando coa cabeza. Que parvada tan grande, pensou a nai. Está bo, dixo o marido. A nai non contestou. Comeron en silencio como criaturas”. ( páx. 48 )

……………………………………………………………………………………………………………………………

  “ A casa ficou en silencio toda a tarde, latente coma un cabalo negro”. ( páx. 51 )

……………………………………………………………………………………………………………………………

   “ De seres bo, caes mal, seguía o pai; de seres mediocre, tamén. E se es malo, dás pena, así que hai que aceptalo, o mellor é ser mediocre como a maioría da xente. A nai volveu tusir. A filla pareceu reprimir un salouco. Lostregou e escoitouse o vento. A chuvia pegaba nos vidros”. ( páx. 54 )

Advertisements

About Francisco Martínez Bouzas

Crítico literario
Esta entrada foi publicada en Fragmentos inesquecibles, Narrativa galega. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s