GALAXIA: BIBLIOTECA COMPOSTELA DE NARRATIVA EUROPEA, NOVIDADES ( II )

Foto: El Correo Gallego

   A Biblioteca Compostela de Narrativa Europea é unha colección específica de Editorial Galaxia, patrocinada polo Concello de Santiago. Grazas ao convenio de colaboración, xa están na rúa vinte e catro títulos do máis selecto da narrativa europea. Autores como Andrea Camilleri, Orhan Pamuk, Zadie Smith, Anna Gavalda, Sarah Waters ou Martin Amis  prestixian a colección, con pezas de narrativa importantes traducidas ao galego, nalgúns casos, antes que a ningunha outra lingua europea. Velaquí  as novidades deste fin de ano.

 *Emaús de Alessandro Baricoo. A ficción de Alessandro Baricco somérxenos na historia de catro adolescentes que quedan engaiolados  pola capacidade de atracción sexual dunha moza, feito que condicionará o seu futuro. Confrontación entre a imaxinación e a realidade nese proceso ineludible  de maduración no que nos decatamos do abismo que hai entre ambas. Novela de iniciación e de volta á realidade, elegantemente narrada.

 *A viúva preñada de Martin Amis. Novela polémica como acostuman ser as últimas publicacións do escritor inglés. Martin Amis non semella satisfeito coas experiencias feministas nin coa revolución sexual das últimas décadas e traduce as súas frustracións nesta novela na que unha das protagonistas representa a unha súa irmá e a súa triste historia, froito da permisividade deses anos. Logo dunha revolución o que queda non é algo que nace, senón unha viúva preñada. Entre ambas, o caos e a desolación.

 *Caos calmo de Sandro Veronesi. Historia dun personaxe obsesivo, dun home do común dos nosos días, envolto en acontecementos cribles e que nada teñen de extraordinario, agás a traxedia familiar coa que dá comezo a narración e que provoca un xesto protector do protagonista cara a súa filla, no que atopará a calma dentro do caos. Novela perfectamente resolta, soberbio retrato da existencia e desa confusa liña que separa a condición do heroe da do antiheroe.

 

Advertisements

About Francisco Martínez Bouzas

Crítico literario
Esta entrada foi publicada en Crónica literaria, Narrativa estranxeira traducida, Narrativa galega. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s