O gume dos espellos, de Ramón Caride

Ramón Caride

 O gume dos espellos

Ramón Caride Ogando

Editorial Toxosoutos, Noia 2010, 187 páxinas.

   Faime Moncho Caride o agasallo do seu último libro, O gume dos espellos, editado apenas hai unhas datas na Editorial Toxosoutos, ese pequeno prelo de Noia que, desde a modestia, se está a converter nun modelo de edición obradoiro, cunha manche de títulos xa no seu catálogo. Unha afouta alternativa, xa que logo, aos grandes selos editores do noso país.

   Semella Ramón Caride ter una especial querenza pola escrita reflectida nos espellos. O título de agora fainos lembrar aquela súa escolma de relatos, Negros espellos, aqueles contos ateigados de intensidade, brevidade na escrita, forza emocional e tensión estética na narración. Mais neste pequeno volume, outras son as intencións do escritor nado en Cea e asentado xa para sempre en Cambados. Ramón Caride sucumbiu “a tentación da nostalxia”, sen ter caído na do narcisismo, e fai de antólogo  da súa obra menor. Aquelas prosas recuperadas das follas fuxidías e con data de caducidade dos xornais e revistas, nomeadamente dos medios arousáns. Tamén as súas achegas a proxectos culturais, como aquela ensoñación e realidade que foi a Asociación Santa Compaña, radicada no Instituto Ramón Cabanillas de Cambados. Desfilan así mesmo por estas páxinas pequenas crónicas, instantáneas que, coma alustros, recuperan as viaxes do autor por Irlanda, as lendas de Oseira e o proceso de elaboración dunha das súas novelas, quizais a máis breve, quizais a máis engaiolante tamén, O frío azul, a súa incursión na ficción histórica que eu tiven a fortuna de descubrir no Premio Lueiro Rey de O Grove. Non faltan na escolma as verbas dun escritor combativo. Un ourive da palabra que se revolve contra as feridas da sociedade actual e, cun ton irónico e sutil e, ao xeito dos salaíos dos ameneiros ou dos queixumes dos pinos, se atreve a proclamar: “¡Viva Galicia australiana”. E  a súa par, as arengas lidas ou berradas en momentos que xa forman parte da memoria colectiva das loitas contra o narcotráfico ou das mobilizacións que a catástrofe do Prestige fixo abrollar na conciencia das nosas xentes.

   Prosas breves, pero que non son lixo nin verbas gastadas, e moito menos discursos atolondrados. Senón camiños que, quer “na campía do Salnés”, quer nos eidos que se deitan rente do mar e dos acantilados verticais de Irlanda e tamén nas chairas dos “tres lugaris” do Val do Xálima , non só evocan, senón que tamén fan pensar.

Advertisements

About Francisco Martínez Bouzas

Crítico literario
Esta entrada foi publicada en Critica literaria. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s